De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 30/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:
a) 3 membros do profesorado.
b) 3 membros dos representantes de alumnado. Esperamos que nestas eleccións o alumnado se implique na vida do centro e saían candidatos para formar parte do Consello Escolar.
c) 2 membros dos representantes das familias. Ao desaparecer a ANPA do noso centro, sería moi importante que se cubrisen estas prazas, para que os pais/nais poidan coñecer de cerca a realidade do instituto, e así poder participar das decisións que desde o Consello Escolar se poidan tomar.
Candidaturas
Para a presentación de candidaturas poden recoller o impreso na conserxería do centro ou ben descargar o arquivo directamente dos enlaces que aparecen a continuación.
Calendario renovación parcial do Consello Escolar
(Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG. 30/09/22)
DATA |
PROCESO |
27 de outubro |
Sorteo Público onde sairán elixidos os integrantes da Xunta Electora,a cal velará polo cumprimento da legalidade destes comicios. Celebrárase ás 11:30 na sala de profesores do centro: ▪ Utilizando unha aplicación electrónica de números aleatorios se escollerá, por esta orde, un/ha titular e un/ha suplente do grupo PAS, un/ha titular e un/ha suplente do grupo ALUMNADO, un/ha titular e un/unha suplente do colectivo DOCENTES e un/ha titular e un/unha suplente do colectivo FAMILIAS. Un integrante destes catro colectivos máis o director do centro constituirán a Xunta Electoral. (enviaranse as citacións correspondentes) |
4 de novembro |
Constitución da Xunta Electoral ás 10:10 horas (1ª reunión): ▪ Publicación do calendario electoral ▪ Aprobación e publicación provisional dos censos
|
7 de novembro |
Publicación dos censos electorais (período de reclamación ao censo:ata o 14 de novembro) |
Do 7 ao 14 de novembro |
▪ Admisión de candidaturas |
15 de novembro |
▪ Proclamación de candidaturas |
16 e 17 de novembro |
▪ Reclamacións á proclamación de candidaturas |
18 de novembro |
2ª reunión da Xunta Electoral ás 10:10 horas. ▪ Resolución de reclamacións ▪ Proclamación definitiva e publicación de candidaturas ▪ Aprobación definitiva e publicación de censos electorais ▪ Aprobación de modelo de papeletas dos distintos actos electorais ▪ Sorteo público para designación de mesas electorais |
28 de novembro |
Constitución mesas electorais e votacións: ▪ 09:30 h - 14:00 h / 16:40 h – 19:30 h: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio alumnado ▪ 12:00 h - 14:00 h / 17:00 h - 19:30 h: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio pais/nais ou titores/as legais ▪ 14:10 h: Claustro extraordinario para a constitución mesa electoral, votación e escrutinio do profesorado
3ª reunión da Xunta electoral: 19:30 h ▪ Resolver as reclamacións contra ás Resolucións das mesas electorais ▪ Proclamación de candidaturas electas |
29 de novembro |
4ª reunión da Xunta Electoral: 10:10 h ▪ Proclamar aos candidatos que foron elixidos para formar parte do novo Consello Escolar do centro ▪ Traslado á Xefatura Territorial das copias de actas das votacións efectuadas. Anexo I |
12 de decembro |
Reunión de constitución do novo consello escolar. Determinación de comisións. |