IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Realización das probas: 2 de xuño de 2017

Ámbito científico-tecnolóxico:

Presentación 9:00

Duración: 150 min

O alumnado poderá utilizar calculadora científica non programable.

Puntuación necesaria para superar a proba: 27 de 55 puntos

Ámbito social:

Presentación 12:00

Duración 60 min

Puntuación necesaria para superar a proba: 12 de 25 puntos

Ámbito da comunicación:

Presentación 15:45 

Duración: 180 min

Puntuación necesaria para superar a proba: 50 de 100 puntos 

Os aspirantes deberán presentarse a todas as probas co DNI.

As cualificacións provisorias publicaranse en www.edu.xunta.es o 15 de xuño (prazo de reclamacións 5 días hábiles)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170209/AnuncioG0164-020217-0003_gl.html

COMISIÓN ESCOLARIZACIÓN DE CARBALLO

Realizada o día 29 de maio de 2017 a reunión da Comisión de Escolarización de Carballo procedeuse á adxudicación subsidiaria de postos escolares a aqueles solicitantes que non obtiveron praza no centro no que presentaron a súa solicitude.

Despois de dita adxudicación subsidiaria a Comisión procedeu a asignar posto escolar ás solicitudes presentadas fóra de prazo ata esa data.

Achegamos como adxuntos:

  1. Adxudicacións subsidarias de postos escolares para o curso 2017/2018.
  2. Alumnado que solicitou praza no IES Isidro Parga Pondal e non obtivo a praza solicitada para o curso 2017/2018.

 

 

 

 

Participación na Olimpiada Matemática Galega 2017

O pasado 27 de abril os alumnos

  • XAIRO CAMPOS BLANCO
  • MANUEL GALÁN RODRÍGUEZ
  • DANIEL VILLAR POMBO

participaron na Olimpiada Matemática Galega 2017.

Ademáis, o alumno MANUEL GALÁN RODRÍGUEZ clasificouse para a fase final galega, que terá lugar en Lugo o próximo 18 de maio.

Desde o centro queremos trasmitir os nosos parabéns a todos os participantes e moito ÁNIMO a o noso compañeiro clasificado.