IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de Lapbooks convocado con motivo do Día do Libro:
CATEGORÍA A:
1º premio: LUCÍA VILARES SOUTO. 2º ESO A.
2º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 2º ESO C
3º premio: JAVIER RODRÍGUEZ TAIBO. 2º ESO C

CATEGORÍA B:
1º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 4º ESO B.
2º premio: LUCÍA VIEITES LORENZO. 4º ESO B.
3º premio: ANGÉLICA J. VARELA PARDO. 4º ESO B

Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!

 

 

 

 

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas.

Neste concurso o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias.

Animádevos a participar!

 

 

 

 

 



 

 

Este mércores 26 de abril, o alumnado de música de 4º ESO, desfrutou do ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera. Nel puideron ver en acción a directora colombiana Lina González- Granados mestres dirixía a obra, Mi patria, do compositor checo do século XIX, Bedrich Smetana, caracterizado polo seu poder descriptivo.

O alumnado de música de 2º Bacharelato presenta esta gravación do Segundo Movemento, Allegretto, da Sinfonía n.º 7 de L.V. Beethoven para que adiquemos uns minutos das nosas aceleradas vidas para respirar e desfrutar coa beleza desta peza.

Agradecer coma sempre a labor do arranxador Paulo Padrón Santamarina e do ex-alumno Xairo Campos Blanco como técnico de son e imaxe.

Grazas a todos

Departamento de música

 

 

O alumnado que participa no Obradoiro de Radio na nosa emisora Rebolondas acudiu o pasado 29 de marzo á Fundación Otero Pedrayo a recoller o premio recibido polo seu podcast sobre a obra Pelerinaxes. O noso agradecemento ao xurado e á Fundación por valorar o traballo das nosas alumnas/os.

E por suposto os nosos parabéns a Xulia, Ana, Lola, Cristina, Sara, Lucía e Pablo polo seu esforzo e excelente traballo.

Velaí vos deixamos o podcast para que o desfrutedes.

 

Dentro das actividades organizadas polo departamento de Educación Física coa colaboración do equipo directivo e de toda a comunidade educativa, encadrado como unha máis das actividades desenroladas do Proxecto de vida activa e deportiva no marco do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, celebrouse durante os meses de Outubro ata Febreiro a segunda edición da liga de fútbol sala.


Os equipos participantes dividironse en dous competicións por unha banda xogou o alumnado de 1º e 2º da eso con 6 equipos participantes, e pola outra banda outros 6 equipos participantes con alumnado de 3º e 4º da eso.


Despois de facer unha rolda na que se enfrentaron todos os equipos, realizaronse as semifinais e as finais correspondentes a cada unha das competicións diferenciadas.


Os equipos finalistas obtiveron de premio un vale para consumir na cafetería do centro.


Durante toda a competición a actitude dos equipos e o numeroso público foi excepcional amosando deportividade, educación e respeto.


Unha boa experiencia para seguir facendo en próximas edicións

 

 

 A Biblioteca Rebolo organiza de novo un concurso co motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de Abril)

O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro.

Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito, tratando de encaixar a túa cara con mais ou menos técnica, graza e imaxinación. Pódense empregar tamén outras partes do corpo: mans, pernas, ombros.

QUE PRECISAS? O teu libro favorito e un teléfono móbil

DATOS: Nome e apelidos

ENTREGA: A fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com

DATA LÍMITE: 17 de abril.

Serán publicadas nas redes sociais da Bilioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro.

 

HABERÁ UN PREMIAZO!!!

CATEGORÍA A: Alumnado do Centro dende 1ºESO a 2º Bac, Adultos e Ciclos Formativos
CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do Centro


PREMIOS CATEGORÍA A:

1° premio: libro + cheque regalo de 30 euros
2º premio: libro + cheque regalo de 20 euros
3⁰ premio: libro + cheque regalo de 10 euros

PREMIOS CATEGORÍA B:

1º premio: libro + cheque regalo "relax"

 

Mais información:

https://bibliotecarebolo.blogspot.com/

O día 20 de marzo o alumnado de segundo de Bach tivo unha charla sobre Orientación académica e profesional impartida por Manuel Galán e Xairo Campos, antigos alumnos do noso instituto.

O noso agradecemento a Xairo e Manuel por seguir formando parte da nosa comunidade educativa.