O Departamento de Música quere ofrecervos, para que gocedes e recordedes durante o verán, unhas producións audiovisuais nas que intentamos mostrar unha pequena parte de todo o traballo feito durante a III Semana da Música:
A apertura da III Semana da música coa charla sobre “A Música e o cerebro” impartida por Iria Rajal e a interpretación do alumnado de música de 2º Bacharelato “Relax” do cantante Mika.
Os obradoiros de :
Artes escénicas e danza a cargo de Marián Montes Fernández
Os instrumentos na música impartido Paulo Padrón Santamarina
Percusión corporal e con instrumentos musicais e obxectos cotiás ofrecido por Isabel Diego Calviño
Musicoterapia receptiva con cuencos de cristal de cuarzo dado por Iria Rajal.
E como non, os concertos de todo o noso alumnado, que a base de esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión , gañas e un gran compromiso, plasmaron na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo Departamento de Música:
Concerto I realizado polo alumnado de 2º e 3º da ESO, que por primeira vez subían ao escenario para converterse nunha Orquestra Orff
Concerto clausura a cargo do alumnado de música de 4º ESO, 1 e 2º Bacharelato que unha vez máis mostraron toda a súa arte facendo desfrutar ao público en todo momento
Agradecemos a colaboración impagable da dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, de todo o profesorado e persoal non docente, así como dos ex-alumnos e ex-alumnas por todas as facilidades prestadas para desenvolver este proxecto.
Queremos facer unha mención especial ao equipo de decoración e audicións conformado polo alumnado de música de 4º ESO e 1º Bacharealto, xunto co incansable equipo de alumnos/as de2º Bacharelato , encargados da montaxe e deseño gráfico de todos os vídeos creados ao longo do curso, pola súa dedicación e profesionalidade: Mencía Barca Amado, Lucía Ceán Suárez, Valeria Ramos Busto, Alejandro Couto Nicolau capitaneados por Xairo Campos Blanco.