Inicio
Accesos rápidos
Benvidos a Ciclosadmisión (Curso 2026-2027)
Ciclosadmision é unha aplicación desenvolvida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
- Admisión a FP: ciclos medios, ciclos superiores e cursos de especialización en centros docentes sostidos con fondos públicos.
- O asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos só estará dispoñible durante os períodos de presentación de solicitudes.
- Vídeo de axuda do asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos. Prema aquí.
- Admisión centralizada, é dicir, a través deste asistente web, afecta a:
- 1º curso de oferta ordinaria.
- Oferta modular, tanto modalidade presencial como semipresencial ou a distancia.
- 1º curso de FP dual intensiva.
- Cursos de especialización.
- Formación acelerada.
- Probas libres de títulos LOE/LOXSE (habitualmente no mes de abril).
- Reclamacións: A aplicación informática Ciclosadmisión permitirá a todas as persoas con solicitude facer unha reclamación se o estiman pertinente. Esta opción só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos. Instrucións para realizar reclamacións (pendente).
- Na admisión a ciclos formativos durante o período de tempo comprendido entre a finalización dunha adxudicación e a seguinte, así como antes da 1ª adxudicación, as persoas inscritas non poderán acceder á aplicación.
- Admisión non centralizada (entrega presencial no centro de matrícula) unicamente no caso dos 2º curso de FP (oferta ordinaria e de 2º curso de FP dual intensiva). É dicir, entregar unha solicitude en man no centro de matrícula pedindo só un ciclo dese centro.
-
Recomendámoslle que verifique nos calendarios de admisión os acontecementos relevantes do procedemento de admisión
Probas libres de títulos LOE-LOXSE (ir á ligazón de información)
Máis información:
- Buscador de centros
- UAC:
- No teléfono 881 99 77 01
- No correo electrónico: uac@edu.xunta.gal
- A través do formulario: https://www.edu.xunta.gal/portal/uac
-
Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. As axudas desta aplicación conteñen información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.
PROGRAMA RETORNA TALENTO FP 2026
Programa de bolsas para menores de 45 anos residentes no estranxeiro, que poderán iniciar en Galicia estudos de FP
120 Bolsas de 15.000 euros para cursar, polo réxime dual intensivo, os ciclos de formación profesional (grao D):
- Ciclo medio de Soldadura e caldeiraría (2.000 horas, 20 prazas) - CIFP Ferrolterra - Ferrol - A Coruña
- Ciclo medio de Electromecánica de vehículos automóbiles (2.000 horas, 20 prazas) - CIFP Coroso - Ribeira - A Coruña
- Ciclo superior de Automoción, con especialización en Vehículos de competición (2.000 horas, 20 prazas) - CIFP As Mercedes - Lugo
- Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos (2.000 horas, 20 prazas) - CIFP de Vilamarín - Vilamarín - Ourense
- Ciclo medio de Construción (2.000 horas, 20 prazas) - CIFP de Cantería de Galicia - Poio - Pontevedra
- Ciclo superior de Vitivinicultura (2.000 horas, 20 prazas) - CIFP A Granxa - Ponteareas - Pontevedra
A formación terá unha duración de dous cursos académicos. Tanto no curso 2026–2027 como no 2027–2028 o alumnado recibirá a súa formación na modalidade presencial, que se desenvolverá entre o centro educativo e a empresa.
As persoas solicitantes poderán indicar ata un máximo de tres ensinanzas de entre as recollidas no Anexo IV, ordenadas segundo a súa orde de preferencia.
Para optar a esta axuda é necesario acreditar titulación homologada ou en proceso de homologación (Título da ESO ou equivalente para ciclos medios, e título de bacharelato ou equivalente para ciclos superiores).