IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O pasado mércores 3 de abril o noso alumnado de 2°ESO asistiu a unha charla sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade, no marco do Plan Proxecta + " Programa por 365 días de respecto e igualdade" da Secretaría Xeral da Igualdade, impartida por María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudios de xénero e políticas de igualdade

#proxecta+

 

Organizado polo Departamento de Lingua Galega, o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Rebolo, hoxe, día 4 de abril, temos unha charla literario con Xurxo Souto dirixida para o alumnado de bacharelato.

Xurxo é un cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor español cunha licenciatura en filoloxía clásica.  Ademais, é profesor no noso centro.

charla

O pasado venres 22 de Marzo ás 11:00 horas, aberto ao público, o alumnado de Bacharelato do IES Isidro Parga Pondal realizou un programa de radio en directo dende o Casino 1889 de Carballo.

Tratouse dunha emisión en streaming con entrevistas, debates, opinión,... todo intercalado con pezas musicais interpretadas en directo.

Agradecemos ao Casino por cedernos este marabilloso espazo, así coma a súa axuda en toda a loxística, sen esquecernos claro está dos colaboradores que participaron nas entrevistas e a enorme implicación, traballo e esforzo do alumnado e profesorado participante, tanto na preparación da actividade como na organización.

Deixamos aquí unha pequena montaxe con fotos dos participantes durante a preparación do evento e vídeos das actuacións musicais.

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía coa colaboración de profesores do Departamento de Galego e do Departamento de Xeografía e Historia organiza nesta primeira semana de abril, desde a partida na madrugada deste 1 de abril ata o regreso na mañá do domingo 7 de abril, unha saída con marcado carácter medioambiental para que o alumnado poida coñecer de primeira man dúas xoias emblemáticas do conservacionismo ibérico, como son o Parque Nacional de Monfragüe (Cáceres) e o Parque Nacional de Doñana (Huelva). Teremos a sorte de pernoctar nunha “Casa Rociera” na propia aldea do Rocío, moi preto da marisma, rodeados de natureza nunha contorna privilexiada que amosa un mosaico de ecosistemas (dunas, praia, marisma…) cunha biodiversidade única en Europa. Estaremos, para facernos unha idea, no hábitat natural do lince ibérico e da águia imperial, dúas especies en serio perigo de extinción, e nunha zona que recolle 1300 especies de plantas, algunhas delas endémicas e tamén ameazadas.

Desde o punto de vista xeolóxico ollaremos o impresionante modelado cárstico característico da “Gruta das Marabillas” de Aracena e as espectaculares minas de Ríotinto que nos transportarán ás paisaxes vermellas típicas de Marte sen saír da provincia de Huelva.

Á volta faremos parada con visita guiada en Sevilla, unha cidade con un incuestionable valor histórico-monumental que posúe o casco antigo máis extenso de España e que alberga lugares tan especiais como a “Torre del Oro”, a catedral, que inclúe a Xiralda, e os alcázares. E remataremos a visita á cidade hispalense achegándonos a “Isla Mágica”, un parque de ocio e temático, como broche final a esta experiencia inmersiva que pon en valor o goce e respecto polo do medio natural e o legado monumental, sen deixar de lado o fomento da autonomía e a convivencia por parte do noso alumando. Esperamos pasalo pipa, así que xa vos contaremos!

fda

O departamento de Educación Física xunto coa nosa Biblioteca Rebolo organiza hoxe unha charla de alumnas deportistas para o noso alumnado de 1ºESO na sala multiusos do noso centro. O obxectivo é que elas expoñan o seu punto de vista en canto a comparación cos mozos nas súas diferentes disciplinas.

caretl

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro.
Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!

cartel

bases

O noso alumnado de bacharelato que participa no taller da radio e tamén o alumnado coa optativa de música van facer o vindeiro venres 22 unha emisión en directo dende o Casino 1889 de Carballo. Podedes entrar, completamente de balde, ata completar aforo. Dende ás 11:00 ata as 12:30. Non volo perdades posto que haberá entrevistas, opinións, unha mesa redonda e música en directo.

cartel