Con esta actividade organizada conxuntamente polo equipo de mediación e o departamento de Educación Física, onte o alumnado de 3º da eso e os alumnos axudantes do equipo de mediación disfrutaron dunha xornada de lecer con moito deporte e compañeirismo.
Non se pudo facer a excursión prevista ata a praia de Barizo por mor da choiva, pero disfrutamos igualmente dunha xornada de convivencia con torneos deportivos por equipos e unha andaina polo entorno do centro educativo.
O comportamento de todo o alumnado foi exemplar e pasamos unhas horas moi divertidad cunha convivencia estupenda.
esperamos para o seguinte curso sí poder ir a facer a xornada de deporte na praia.
Agradecementos tamén á dirección do centro pola súa axuda e ás profesoras e profesores acompañantes pola súa colaboración.
Este próximo mércores 21 de xuño, ás 11:30, o alumnado do obradoiro de radio fará unha emisión en directo para despedir o curso.
Pódese seguir o evento en directo na canle de Youtube.
Ligazón á emisión en directo: https://youtube.com/live/QkDa57vaDVM?feature=share
Un ano máis, o clube de montaña AMI, ofrecéunos a posibilidade de facer unha actividade con eles no rocódromo de Riazor. Dita actividade ten unha subvención da Diputación da Coruña e permite acercar as actividades de montaña, neste caso a escalada, ós rapaces do noso centro que non a coñecían.
Foron 73 rapaces de 1º da ESO que quedaron moi satisfeitos, logrando algúns facer Top no novo rocódromo que está a uns 16 metros de altura!
Noraboa a tódolos participantes!
Educación para adultos
Avalación extraordinaria
xuño 2022-2023
Calendario de exames
|
ESA (Módulos 2 e 4)
|
||
|
LUNS 19 |
MARTES 20 |
MÉRCORES 21 |
16:00-18:00 |
|
|
|
18:00-20:00 |
Ámb.Com. (Galego e Castelá) |
Ámb.C/T |
|
20:00-22:00 |
Ámb.Com. (Inglés) |
Ámb.Social |
|
|
BACHARELATO ADULTOS (1º e 2º)
|
||
|
LUNS 19 |
MARTES 20 |
MÉRCORES 21 |
16:00-18:00 |
|
Ling. Galega I e II |
Filosofía |
18:00-20:00 |
Ling. Castelá I e II |
Física
|
Mate. Aplicadas I e II |
20:00-22:00 |
Inglés I e II |
TIC I e II |
|
A continuación tedes as datas e horario dos exames finais extraordinarios de 1º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Podedes contactar co profesor de cada materia para recibir detalles sobre a organización de cada unha das probas, sexa persoalmente ou a través do aula virtual.
Día | Hora | Materia |
Xoves 15 Xuño | 11:30 | Xestión de Bases de Datos |
Venres 16 Xuño | 11:30 | Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información |
Luns 19 Xuño | 8:30 | Planificación e Administración de Redes |
Martes 20 Xuño | 8:30 | Implantación de Sistemas Operativos |
Día | Hora | Materia |
Venres 16 Xuño | 11:30 | Implantación de Aplicacións Web |
Martes 20 Xuño | 8:30 | Administración de Sistemas Operativos |
O pasado venres 26 de maio, a través de Xeoclip o IES Isidro Parga Pondal de Carballo estivo representado no festival audiovisual escolar Olloboi. Pasámolo pipa e levamos para casa dous certificados de finalistas. Graciñas Olloboi
Xa temos o alumnado premiado no Concurso Literario “Eu son Francisco Fernández del Riego” convocado con motivo do Día das Letras Galegas:
CATEGORÍA A:
1º premio: CANDELA GERPE BARBEIRA. 2º ESO D.
2º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 2º ESO C.
3º premio: VALERIA DOMÍNGUEZ COSTA. 2º ESO D.
CATEGORÍA B:
1º premio: PAULA VARELA MATA. 4º ESO A.
2º premio: LOLA COLLAZO COUTO. 1º BACHARELATO B.
3º premio: NURIA MIRIAM ALIM. 4º ESO A
Parabéns ás gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou!
Aquí tendes os relatos gañadores.
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Ligazón e máis información:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924
Resumo en pdf
O IES Isidro Parga Pondal ven de ser seleccionado entre os finalistas do festival audiovisual Olloboi na categoría "Ollo redes-divulgación" co vídeo titulado "Xeoclip Botánica: a pradeira salobre. Quen vive aquí?" un vídeo elaborado como recurso educativo que xa se está a empregar no noso centro e que ademias pon en valor un espazo tan singular e especial para tod@s os carballeses como o espazo natural Razo-Baldaio.
O venres 26 de maio o profesor Adán Gonçalves García, un dos autores do devandito vídeo, irá a gala de entrega de premios en representación do noso centro.
Xa é un logro estar aquí, pero xa postos queremos o premio gordo. Toca cruzar os dedos
Páxina do festival onde se poden ver os finalistas:
https://www.olloboi.com/olloboi-2023/
E aquí o enlace ao propio vídeo:
https://youtu.be/PgmDFrXMnXg
Dentro das actividades organizadas polo departamento de Educación Física coa colaboración do equipo directivo e de toda a comunidade educativa, encadrado como unha máis das actividades desenroladas do Proxecto de vida activa e deportiva no marco do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, celebrouse durante os meses de Marzo a Maio a primeira edición da liga de street basket, un novedoso formato de xogo de 3 contra 3 nunha canasta.
Os equipos participantes dividironse en dous competicións por unha banda xogou o alumnado de 1º e 2º da eso con 11 equipos participantes, e pola outra banda outros 7 equipos participantes con alumnado de 3º e 4º da eso.
Despois de facer unha rolda na que se enfrentaron todos os equipos, realizaronse as semifinais e as finais correspondentes a cada unha das competicións diferenciadas.
Os equipos finalistas obtiveron de premio un vale para consumir na cafetería do centro.
Durante toda a competición a actitude dos equipos e o numeroso público foi excepcional amosando deportividade, educación e respeto.
Unha boa experiencia para seguir facendo en próximas edicións.
Deixamos fotos dos finalistas.