Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Informática

 

 

Tras a reunión informativa que tivemos o xoves 26-11; na que o alumno Daniel Quintela nos contou a súa experiencia ERASMUS+ en Malta, lembrar ós alumnos de 1º de CS ASIR interesad@s en realizar unha movilidade de prácticas o vindeiro curso, que mo comuniquen antes do 2020.

 

ANIMÁDEVOS!!!

 

       Un ano máis poñemos en coñecemento do alumnado de 2º de CS ASIR, que xa está aberto o prazo para solicitar a participación no proxecto ERASMUS+ PRACTICAS18-20. Ditas prácticas realizaranse durante o período de FCT nun pais da UE.

Interesados falar con Ignacia.

      

 

 

A finais do mes de abril a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, puxo en marcha REGADual, Rede Galega de Dinamización da FP dual, da que este centro forma parte.

Como responsable desta dinamización, trasladovos que as funcións asociadas a mesma son:

  • Facer prospección de empresas.
  • Atender as necesidades formativas das empresas, dando a coñecer os perfís profesionais axeitados en cada caso e fomentando o achegamento das empresas ós centros educativos.
  • Atender ás necesidades dos titores e titoras dos centros de traballo e dos centros educativos no desenvolvemento das súas funcións.
  • Asesorar a todos os actores participantes nos proxectos de FP dual de cara a realizar unha xestión de calidade.
  • Formar e informar aos mesmos e realizar outras actuacións relacionadas coa FP dual.
  • Divulgar a FP dual entre o alumnado doutras ensinanzas.

 Informarvos, tamén, que o departamento de informática estamos en conversa con varias empresas para implantar no vindeiro curso 2019/2020, a FP Dual Ordinaria para o ciclo de ASIR.

 

Tralo proceso de selección, levado a cabo durante a primeira avaliación do curso, o candidato seleccionado para a realización da FCT dentro do programa ERASMUS+ é:

  • Andrés Barca Expósito

Dende primeiros do mes de abril  e ata mediados de xuño, este  alumno do C.S. de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, realizá as súas prácticas de FCT en Malta dentro do programa ERASMUS+.

 

Que podemos facer con rapaces e rapazas o último día do trimestre cando o que menos queren é traballar?

Pois facemos unha dinámica de Breakout Edu cun premio final.

Durante 50 minutos, o alumnado de 3º ESO A de matemáticas aplicadas tiveron que resolver diferentes problemas e exercicios de aspectos vistos durante o primeiro trimestre co obxectivo de obter tres números que lles permitirían abrir o cadeado dunha mochila e gañar o premio final (o cal non sabían cal era).
Do mesmo xeito, o alumnado da optativa TIC de 4º ESO e 1º bachalerato tiveron que resolver algúns enigmas con preguntas teóricas e exercicios prácticos do que aprenderon durante o trimestre para obter tamén a combinación.
Todo isto traballando en grupos e con música de fondo favorecendo un ambiente distendido.


Esperamos que lles gustara a experiencia.