Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o  “Día da  Muller e  da Ciencia . Desde o noso centro  queremos sumarnos a esta conmemoración. Cremos que é sumamente importante que o número  de alumnas que estuden carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) medre, que se dean conta que TODAS poden facer  aquilo que se propoñan e nós queremos motivalas para levalo a cabo.
Destacamos así,  o proxecto que está realizando o alumnado de 2º bacharelato na optativa TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) guiados pola súa profesora Leticia Riestra.  Estes están participando nun concurso internacional (organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son:
  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o  traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

 

O  alumnado leva varios meses preparando  a súa páxina web con gran esforzo, motivación e ilusión. Realizaron varias entrevistas a mulleres relevantes tanto de maneira presencial como a distancia e traballaron con diferentes ferramentas para reflectir na súa páxina web o esforzo realizado.
Publicaron ademais, nas nosas redes sociais, noticias relevantes no ámbito STEM así como os progresos duranteo desenvolvemento  do proxecto.

As diferentes mulleres entrevistadas foron:
  • Verónica Rojo Oróns: Bióloga. Traballando en AllGenetics.
  • Marta Esperanza Llera: Bióloga. Investigadora
  • Marta Nael: Ilustradora.
  • Verónica Bolón Canedo: enxeñeira Informática. Profesora e investigadora.
  • Yasmin Diab López: Inxeñeira Informática. Analista programadora.
  • Tamara Riestra Ainsua: Enxeñeira Informática. Profesora de Secundaria.             
  • Ángeles Saavedra Places: licenciada en informática. Profesora e investigadora.
  • Sandra Santos Suárez: Matemática. Profesora de secundaria.
  • Iria Roca Otero: Matemática. Investigadora.

Podedes  consultar o traballo realizado no seguinte enderezo: XXX así como seguirnos nas redes sociaiss @Facebook, @Twitter e @Instagram e compartir as  nosas noticias para intentar chegar ao maior número de mulleres posibles.


A continuación gozade do vídeo resumo do proxecto