Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Dende o IES Isidro Parga Pondal, queremos motivar para que as alumnas se animen a estudar carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
Dentro desas iniciativas, o alumnado de 2 Bacharelato orientados e guiados pola súa profesora, Leticia Riestra Ainsua, da optativa de TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) están a traballar nun proxecto chamado Wisibilízalas. Este proxecto englóbase dentro do concurso internacional do mesmo nome organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, o cal está dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

 

O alumnado leva varios meses preparando unha páxina Web no que reflicte o contido (tanto textual, como visual e auditivo) das diferentes entrevistas que fixeron a mulleres relevantes tanto de maneira presencial como a distancia (dende investigadoras en microalgas ou xenética ata enxeñeiras informáticas traballando na universidade de A Coruña).
Ademais, foron publicando nas redes sociais da biblioteca Rebolo, noticias relevantes como poden ser publicacións, artigos, libros ou películas deste ámbito STEM. Estes días tamén están a levar a cabo un concurso no que a primeira hora da mañá deixan pegadas sobre unha muller científica dando a resposta correcta á noite. Desa maneira todos aqueles que queiran poden tentar adiviñar de quen estar a falar. Dun modo ameno, están conseguido dar a coñecer
importantes noticias desde sector.
O 1 de abril coñecerán se conseguen acadar algún premio que consiste nun importe monetario para o centro.
Na seguinte ligazón tedes un vídeo resumen do que levan feito ata o momento https://youtu.be/XK5XNRd6lC8

Nova na Voz de Galicia