2º Bacharelato

2ª avaliación 2º BAC

 

Tarde do xoves 12 de marzo. Sesións de avaliación en 2º de Bacharelato.

¡O Departamento de Francés está que se sae! 2.II.2015.

O 2 de febreiro un numeroso grupo de 63 alumnos e alumnas de case todos os cursos (maioritariamente de 3º)  poderán asistir a unha representación teatral en francés. O espectáculo terá lugar do IES Crucero Baleares de  O Burgo ( Culleredo). Representarase a obra Le Fantôme de l'Opéra.

Pero non queda todo nisto. O dous de febreiro celébranse en Galicia As Candeas et en France La Chandeleur, ce n'est pas le même. ¡ Chandeleur veut dire CRÊPES !

Mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm

11.XII. Charla de Orientación académica para alumnado de 2º BAC

O xoves 11 de decembro, o alumnado de 2º BAC participou nunha charla impartida pola profesora orientadora Amparo Mejuto e o profesor do Ciclo Victoriano Rodriguez.

En dita charla foron informados  de cuestións relativas á proba de selectividade e ao acceso a estudos universitarios e de Formación Profesional.

Imaxes da viaxe a Santiago de Compostela. 9.XII.2014

Acompañados polos profesores Tino Chao, Pancho Sánchez e Xosé Luis Mosquera, o alumnado de 2º BAC visitou o 9 de decembro de 2014 o Museo Pedagóxico de Galicia. Como bos pelegríns subiron a xunto á cruz dos farrapos,  ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.

 

Visita Santiago Compostela. 9.XII.2014

 

O martes 9 de decembro o alumnado de 2º BAC terá a oportunidade de visitar o MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia) e as Cubertas da Catedral  nunha visita cultural  á cidade de Santiago de Compostela que durará toda a xornada escolar.

Estarán acompañados e guiados polos profesores Constantino Chao, Francisco J. Sánchez e Xosé Luís Mosquera.

 

Exposición e Obradoiro de Sensores. Viaxe formativa a Lugo. 21.XI.2014

Organizado polos profesores Luisa Muiño e Juan Neira, o venres 21 de novembro un nutrido grupo de rapaces e rapazas de 2º BAC e 4º da ESO, alumnos de Física, Tecnoloxía e Electrotecnia, terán a oportunidade de realizar unha viaxe formativa a Lugo.

Alí poderán visitar unha exposición e participar activamente nun obradoiro sobre "Sensores". Ambas actividades tratarán sobre os sensores físicos: sensores de temperaturas, de son, de distancia, de luz, de infravermellos, acelerómetros, xiróscopos, GPS, de orientación... e o seu uso e aprendizaxe na clase, na ciencia e na arte.

1-. No obradoiro "SENSORES" os nosos alumnos aprenderán  a manexar os robots NXT  realizando, despois,  unhas dez experiencias de datalogging ou captura de datos. Fronte a outras maneiras de ver o ensino (materias illadas entre si e coa vida real) propónsenos nesta actividade que se impliquen todas as ciencias STEM (Matemáticas con representación de datos, Física con toma de datos físicos -son, temperatura, humidade, distancia...-  eTecnoloxía) , pois os aparatos son propios da clase de tecnoloxía, ainda que se empreguen noutras clases ou mesmo na Arte.

2.- O anterior sería un apartado que complementa a exposición "SENSORES" na que figuras artísticas feitas en Processing e outras linguaxes proxectadas cun canón evolucionen no tempo e esa evolución teña en conta os sensores que a compoñen, de luz, distancia, PIR, KINECT, etc.

 

Os nosos científicos-tecnólogos en ciernes sairán cara a Lugo ás 12.20 contando con chegar e facer unha comida rápida cos "bocatas" previamente preparados. De xeito que a actividade desenvolverase entre as 14 e as 17 horas. Ás 18 ou 18.30 contamos con estar de volta. 

 

En vez de clube de poetas mortos... de científicos vivos e coleando

Durante o recreo de Bacharelato do luns 27 de outubro  terá lugar a reunión constituinte do Clube de Ciencia e Natureza do IES Francisco Aguiar.

Esta iniciativa, na que participa profesorado dos departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química, foi animada polo profesor Miguel Orosa e acadou un grande eco no alumnado de bacharelato deste ano ( moitos deles participantes no Certame de Vídeos Científico do curso 2013-2014)

Percorrendo o Camiño Inglés. Etapa 1: Ferrol-Pontedeume

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O 7 de outubro  retomamos unha actividade que foi fixa no Aguiar os últimos anos da man de Tino Chao. Referímonos ás rotas de sendeirismo polo camiño de Santiago. 

Nesta ocasión serán 53 alumnos e alumnas de Bacharelato os que se arrisquen a unha molladura, as vexigas nos pés, ao cansanzo.... nunha camiñata entre Ferrol e Pontedeume . Estarán acompañados, desta volta, polos profesores Luis Gorrochategui, Pancho Sánchez e Carmen Suárez. 

¡BO CAMIÑO!

 

A viaxe a Atenas. Crónica de urxencia ( actualizado con novas imaxes)

Aguantando-disfrutando (según quen opine) temperaturas que rondan os 30 graos, os nosos viaxeiros clásicos remítennos unha imaxe e unhas palabras ( escuetas, que hai moito que ver e que facer)

"Todos contentos e con forza, aprendendo  e admirando a antiga cultura grega coas explicacións  de Rafi e entendéndonos e practicando  inglés e grego  polas rúas do centro (de Atenas). Por diante unha tarde na Ágora e en Plaka e Monastiraki.. A viaxe dende logo está merecendo a pena.  Grazas a Rafi, María José e ó Instituto por facela posible."

Para os vindeiros días os nosos compañeiros comezan as viaxes fora de Atenas: O Peloponeso para disfrutar de Corinto e Micenas, Delfos.... ¡que envexa!

¡que o disfruten e aprendan! (Rafi e Mª José xa se encargan disto)

               Polas rúas de Atenas                                                                             No Museo Nacional

               As rapazas de 4º                                                                           O Olimpeion

 

Distribuir contido