Lingua Castelá e Literatura

Visita Santiago Compostela. 9.XII.2014

 

O martes 9 de decembro o alumnado de 2º BAC terá a oportunidade de visitar o MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia) e as Cubertas da Catedral  nunha visita cultural  á cidade de Santiago de Compostela que durará toda a xornada escolar.

Estarán acompañados e guiados polos profesores Constantino Chao, Francisco J. Sánchez e Xosé Luís Mosquera.

 

Chegou aos nosos oídos...Tino Chao: "Esto se hace por honradez"

 

Chegou aos nosos oídos... a través da prensa  o encomiable xesto do noso compañeiro Tino Chao devolvendo o bolso que extraviara Antonio Míguez con diñeiro e un móbil no seu interior. Onte á noite celebrárono xuntos en A Coruña

«Esto se hace por honradez»

Antonio Míguez (A Coruña, 70 años) olvidó el bolso de su mujer en el carrito del hipermercado. Dentro había más de doscientos euros, un teléfono móvil, las tarjetas y abundante documentación. Lo encontró Constantino Chao (Betanzos, 60), que, sin abrirlo, lo entregó en Atención al Cliente, donde a su vez se lo hicieron llegar a sus dueños. Antonio escribió entonces una carta al director de La Voz de Galicia, titulada Una persona con mayúsculas. Constantino la leyó y quiso localizar a Antonio. Ayer quedaron para darse un abrazo y brindar por las personas honradas.

 

Pregunta ¿Por qué se devuelve un bolso sin mirar siquiera lo que hay en su interior?

Constantino Chao. Porque es lo normal, lo lógico. Es algo que no es mío. Supongo que se trata de valores que transmite la familia, y que el que sabe lo que cuesta ganar dinero aprecia esta actitud. El producto de lo hurtado siempre tiende a su dueño.

Antonio Míguez. Bueno, será lo normal, sin duda, pero no es lo habitual. Esto se hace por honradez. El que devuelve un bolso lo lleva en los genes, aunque también está la educación, lo que aprendemos en casa. Bueno, y este señor es de Betanzos dos Cabaleiros, a sí que por algo será.

 

P. ¿Cómo se sentiría si no lo hubiese devuelto?

C. CH. Tendría unos remordimientos enormes. De hecho, lo pasé mal al pensar cómo estaría sufriendo quien lo había perdido.

A. M. Un guarda jurado llamó a mi hijo usando el móvil de mi mujer, y este nos telefoneó a nosotros, que estábamos aún en Carrefour. Me llevé las manos a la cabeza cuando me percaté.

 

P. ¿Les había sucedido antes algo parecido?

A. M. Sí, yo también he devuelto dinero alguna vez. A finales de los noventa, 90.000 euros que alguien olvidó en el banco, en un sobre. También le llevé la cartera a Domingos Merino, el primer alcalde de la Democracia en A Coruña. Se le había caído junto al coche. Había 16.000 pesetas dentro, y lo curioso es que sucedió algo parecido a lo nuestro. Él se lo contó a La Voz de Galicia, que publicó una nota, pero yo ya le había dejado la cartera en su casa. Unos días más tarde nos saludamos en la calle.

 

P. ¿Y cómo se ve desde la honradez la corrupción política?

C. CH. Siempre la ha habido. Cuando yo era concejal en Cariño, hace bastantes años, me ofrecieron dinero por mi voto para un puesto de libre designación. Ahí me quedó muy claro por quién no votaría.

A. M. También le ocurrió algo parecido a mi padre, que fue concejal en A Coruña.

 

P. ¿Y esos grandes banqueros que están ahora imputados son de los que devuelven bolsos?

C. CH. No lo creo. Y el banco, como entidad, seguro que no.

A. M. Lo bueno es que les han ido destapando todo.

I Concurso de Microrrelatos de Nadal

 

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DO NADAL

 

Con motivo das festas de Nadal, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de microrrelatos .

 

BASES DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán participar todos os alumn@s que así o desexen. Cada un poderá envíar un máximo de tres microrrelatos ó correo da Biblioteca bibliofranciscoaguiar@gmail.com

 2. Os microrrelatos que participen no concurso terán como tema “O Nadal”.A identificación persoal da autoría do microrrelato realizarase unha vez emitida a resolución do xurado.

3. As persoas que presenten os seus microrrelatos ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. O IES Francisco Aguiar resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos presentados, fosen premiados, ou non.

 4. A presentación dos microrrelatos poderá realizarse desde o día da publicación destas bases na páxina web do IES Francisco Aguiar o día 2 de decembro de 2014 , ata o 16 de decembro de 2014 ás 15:00 h.

5. Haberá un Xurado integrado por cinco persoas, tres profesores e dous alumnos, que será o encargado de avaliar os microrrelatos presentados.

 6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.

 7. O xurado emitirá o fallo o día 19 de decembro, que se fará público na páxina web do IES Francisco Aguiar en facebook e no blogue da Biblioteca, e no que designará o mellor microrrelato e os finalistas.

8. O premio entregarase no Salón de Actos principal durante o segundo recreo do día 19 de decembro. Consistirá nun vale de 20 euros para a compra dun libro, cómic, disco ou DVD

 9. A presentación dun microrrelato á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases. Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter inapelable.

 

chegou aos nosos oídos...Alex Pena Morado ¡Cuate!

Tendo en conta o desfase horario entre España e México...se vos dades présa o mesmo aínda chegades Guiño

Chegou ata os nosos oídos....mesturado con son de ondas e sereas transatlánticas que o exalumno do Aguiar Alex Pena Morado participa hoxe ás 20.30 horas mexicanas nun recital poético baixo o título "Los perros romanticos" na cidade de Guadalajara...de México.

Alex forma parte dunha saga de alumnos/as do Aguiar que inclue á súa nai, ao seu pai e que se actualiza hoxe cun irmán cursando 2º BAC (e ao que puidemos ver o ano pasado como actor de éxito en vídeos científicos). Xa nos tempos da súa estancia no Aguiar,  Alex amosou a súa capacidade para escribir. Alégranos comprobar que segue nese empeño.

Hoxe en Guadalajara de México vai sonar poesía en español de Galicia.

Comprácenos recibir noticias tan lonxanas de alguén tan cercano para o Instituto. Noraboa e ¡sorte no recital!

mupega+cubertas= Saída cultural de 1º da ESO A e B

 

O martes 28 de outubro o alumnado de 1º ESO A e B terán a oportunidade de visitar o MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia) e as Cubertas da Catedral  nunha visita cultural  á cidade de Santiago de Compostela que durará toda a xornada escolar.

Estarán acompañados e guiados polos profesores Constantino Chao, Francisco J. Sánchez e Concepción Barrilero.

Segundo as previsións meteorolóxicas non terán ocasión de comprobar que en Santiago a choiva é arte...pero para estes menesteres é mellor ¿non si?

Fallo do Iº Concurso Literario "Palacete".

O domingo 26 de outubro acaba de fallarse o Premio Palacete. Lembrando a construcción deste edificio emblemático de Betanzos en 1914 convocouse un Concurso literario de relato infantil e xuvenil ambientado na Iª Guerra Mundial (da que se conmemora este ano o primeiro centenario do seu estalido)

Na categoría xuvenil os premios corresponderon a dúas alumnas e  un alumno do IES Francisco Aguiar:

Violeta Sánchez (1º premio)
Julia Nieto Mantiñán (2º premio)
Alberto Gómez Perales (3º premio)

Os premios foron entregados polos membros do xurado deste  Iº Concurso literario,  Xabier López, Xesús Fraga e Nieves Abarca.

Chegou aos nosos oídos...Raquel Vázquez na Fundación Antonio Gala para Xóvenes Creadores

Chegou aos nosos oídos....que a nosa ex alumna -e activa colaboradora coa Biblioteca neste curso- Raquel Vázquez foi seleccionada para participar na convocatoria para o curso 2014-2015 da Fundación Antonio Gala para Xóvenes creadores . A Fundación Antonio Gala convoca anualmente prazas de aloxamiento e manutención para xóvenes creadores de entre dezoito e vintecinco años en lengua castellana. O obxectivo fundamental destas axudas é formalos na idea de que todos deben enriquecerse coa convivencia.

O alumnado de 1º da ESO ponse a "imaxinar lugares"

A cousa comezou co precioso libro de Sarah L. Thomson, magníficamente ilustrado por Rob Gonsalves, "Imagina un Lugar".

Dende que o coñeceu, a rapazada de 1º da ESO, animados e orientados pola súa enerxética profesora de Lingua e Literatura Castelá, Elvira Castro, puxeron mans a obra.  Eles tamén podían "imaxinar lugares" e o resultado foi tan delicioso como o que podedes ver.

 

 

 

¡NORABOA!

Encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira

PEDRO SÁNCHEZ NEGREIRA, Verde como el Hielo,   Zaera Silvar, A Coruña, 2013
Ilustracións de Dictinio de Castillo Elejabeytia

 

O Departamento de Lingua e Literatura Castelá organiza unha actividade que terá lugar  no Salón de Actos do Instituto durante a primeira hora da tarde do martes 22 de abril Nela participará o alumnado de 3º A, B, e C ,  que está a realizar un traballo centrado nos microrrelatos (o cuarto xénero narrativo para Irene Andres-Suárez)  Con este motivo participarán  nun encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira autor de  “Verde como el Hielo” .

 

"Moitos lectores e escritores de prestixio considérano [o xénero do microrrelato] un caixón de sastre para escritores incompetentes. Gosto das formas literarias hiperbreves. Certo é que hai moitas publicacións carentes de interés, de igual xeito que hai moitas novelas de moitas páxinas que non resisten unha lectura crítica. A calidade dos textos de Sánchez Negreira fai innecesaria a súa defensa. ¿Ídesme dicir vós tamén que o tamaño importa?"    Francisco Rodríguez   (Alto Risco)

 

Distribuir contido