4º ESO
Teatro en inglés
O Departamento de Inglés trae ao centro un espectáculo teatral en inglés, programado para os niveis de 2º de ESO e 4º de ESO.
Proxecto de colaboración coa Fundación Abanca
Rematamos o proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un segundo encontro co alumnado de 4º B e D para contarlles as súas experiencias na emigración.
Proxecto de colaboración coa Fundación Abanca
Rematamos o proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un segundo encontro co alumnado de 4º B e D para contarlles as súas experiencias na emigración.
"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º A e 4º C
Continuamos co proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un encontro co alumnado de 4º A e C para contarlles as súas experiencias na emigración.
"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º B e 4º D
Retomamos o proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un encontro co alumnado de 4º B e D para contarlles as súas experiencias na emigración.
Visita ao Domus - 4º de ESO
Enviado por carlos o Ven, 10/02/2023 - 11:52
O alumnado de 4º de ESO da materia "Cultura Científica" visitou a DOMus o pasado 7 de febreiro, para participar no taller "PCR. Investigamos a escena do crime".
Experimentando coa técnica da PCR, o alumnado simulou a elaboración de perfís de ADN, tal e como se realiza habitualmente nos laboratorios forenses.
Fotos da conferencia de Mª Victoria Lareu
Enviado por carlos o Ven, 03/02/2023 - 14:05
Subimos as fotos tomadas durante a actividade organizada para 4º de ESO no día de onte, a conferencia de María Victoria Lareu Huidobro, experta no campo da xenética forense.
Conferencia de María Victoria Lareu, cirurxiá, premio María Josefa Wonenburguer 2021
Saída didáctica á Domus
O alumnado de 4º de ESO visita a Domus para facer prácticas de laboratorio.
Asistencia do alumnado de linguas clásicas á unha representación teatral
Enviado por teresa o Mér, 18/01/2023 - 13:30O luns 19 de decembro o alumnado de cultura clásica, grego e latín asistiu a unha representación teatral na Sala Xulio Cuns de Betanzos.
Alí alumnado e profesorado acompañante botaron unhas risas vendo as peripecias dos personaxes da divertida comedia de Plauto Casina.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »