4º ESO

Visita a exposición 'Miradas do Imperio' no edificio Liceo Venres 29 de Marzo

29/03/2019 11:30
Etc/GMT+1

 

exposición miradas do imperio

O alumnado de latín de 4º ESO visita a exposición das pinturas de emperadores e emperatrices de Roma deseñada por Alfredo Erias ' Miradas do Imperio'. No edificio Liceo de Betanzos de 11:30 a 12:20

Visita a Alumán do alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO Tecnoloxía e Robótica de 1º de BAC

Alumánxoves 21 de marzo 2019

O alumnado de Tecnoloxía 4º de ESO e o de Robótica en 1º de BAC asistirá a unha visita guiada pola planta da carpintería metálica Aluman en Arteixo, para aprender acerca de procesos de fabricación e automatizacion dos mesmos. Acompaña a expedición o profesor Juan M. Neira Fernández, De 9:35 a 13:30

Charla ' Qué ten que ver a química con nós?' para 1º Bacharelato e 4º de Física e Qímica

Ricardo Riguera Vega

 

Mércores 27 de Febreiro

Charla do programa a ponte co ensino medio da USC. Organizada polos departamentos de Orientación e Física e Química. Destinada a alumnado de Física e Química de 1º de BAC e 4º da ESO.

Correrá a cargo do profesor Ricardo Riguera Vega, catedrático de Química Inorgánica en la USC.

 Actualizamos esta entrada cunhas fotografías desta interesante charla que podedes atopar na galería fotográfica do centro dentro das actividades do curso 18/19.

charla charla charla

 

 

Obradoiro Di K Non. Prevención do consumo de drogas. Segunda sesión 2019

di k non

Martes 26 de febreiro

Di K Non. Prevención do consumo de drogas
Di K Non é unha experiencia educativa na que internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro na que comparten as súas experiencias con escolares galegos co fin de previrlles sobre o consumo de drogas.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro, é unha experiencia pionera en educación que foi premiada no 2018 pola Fundación Galega contra ou Narcotráfico polo seu labor de prevención de drogodependencias entre os adolescentes galegos e o alto valor terapéutico educativo dos espazos libres de drogas dos centros penitenciarios, facilitando a reintegración social dos internos.

A segunda parte desenvólvese no Centro Penitenciario de Teixeiro, no módulo onde se atopa situada a Unidade Terapéutica e consta de:
- Lectura dunha carta presuntamente escrita por un familiar para poñerse no lugar dos internos no momento do seu ingreso en prisión;
- Realización de grupos de traballo, conxuntamente con internos da Unidade, onde se expoñen as razóns que poden conducir ao comezo do consumo e as súas consecuencias;
- Posta en común das conclusións extraídas en cada grupo.

 

Cumprindo xa o aforo máximo ofertado pola actividade, só poden realizar esta visita os grupos de ESO 4ºB e 4ºD.

Todos os participantes deberan asinar xunto coas súas familias a autorización para poder visitar o cárcere de Teixeiro. Asimesmo, o día da visita deberán portar o seu DNI e non levar móviles ou prendas con metais que non superen o arco de seguridade.

A saída será do IES Francisco Aguiar ás 9:15  e voltaremos sobre as 14:00.

 

 

Obradoiro Di K Non. Prevención do consumo de drogas. Primeira sesión 2019

O vindeiro martes 19 de febreiro

di k non

Di K Non. Prevención do consumo de drogas
Di K Non é unha experiencia educativa na que internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro na que comparten as súas experiencias con escolares galegos co fin de previrlles sobre o consumo de drogas.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro, é unha experiencia pionera en educación que foi premiada no 2018 pola Fundación Galega contra ou Narcotráfico polo seu labor de prevención de drogodependencias entre os adolescentes galegos e o alto valor terapéutico educativo dos espazos libres de drogas dos centros penitenciarios, facilitando a reintegración social dos internos.
A primeira parte deste obradoiro tén lugar no Centro Educativo e consiste en:
- Unha representación dunha obra de teatro por parte dos internos;
- A proxección dunha montaxe de diapositivas;
- O testemuño da experiencia pola que pasou por parte dun dos
internos da Unidade, e
- Unha quenda de preguntas na cal os internos responden ás cuestións que se lles susciten por parte dos alumnos participantes

O horario da actividade, programada para todos os 4º da ESO, é de 12:35 a 14:15

Charla Comunicación Emocional 4º ESO D

comunicacion emocional

O vindeiro xoves 31 de xaneiro.

Charla para 4º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

ESO 4º D 10:40 a 11:30

 

Concello Betanzos

Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias en 4ºESO

prevención cannabis

O vindeiro xoves 31 de xaneiro comezan as charlas para 4º da ESO sobre Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cocaína organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

Xoves 31 de xaneiro

ESO 4º A 11:30 a 12:20

ESO 4º B 12:35 a 13:25

Xoves 7 febreiro

ESO 4º C 10:40 a 11:30

ESO 4º B 11:30 a 12:20

Concello Betanzos

Charla Comunicación Emocional 4º ESO A, B e C dentro do Plan de Prevención de Drogodependencias do concello

comunicacion emocional

Mañá xoves 24 de xaneiro

Charla para 4º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

ESO 4º A 10:40 a 11:30

ESO 4º B 11:30 a 12:20

ESO 4º C 12:35 a 13:25

O grupo ESO 4ºD terá a mesma charla o vindeiro xoves 31 de xaneiro

 

Concello Betanzos

Semana do 5 de novembro: novos obradoiros de CASCO en 4º de ESO

sex-point casco

Tócanos agradecer de novo a CASCO (Comité AntiSida da Coruña) os seus Obradoiros de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO.

O horario esta semana será de 10:40 a 12:20 participando

                                 4ºA     LUNS 5

                                 4ºB     MÉRCORES 7

                                 4ºC     XOVES 8

                                 4º D    VENRES 9

Nesta segunda sesión tratarase o tema das:

ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL

Obradoiros de Diversidade Afectivo Sexual para 4º ESO impartidos por CASCO (Comité AntiSida da Coruña)

sex-point casco

Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO ofrecido polo

Comité AntiSida da Coruña (CASCO).

LUNS 22 4ºA

MÉRCORES 24 4ºB

XOVES 25 4ºC

VENRES 26 4ºD

Nesta primeira sesión tratarase o tema da:

DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL

Distribuir contido