Obradoiro de Diversidade Afectivo Sexual para os 4º ESO a cargo de Comité AntiSida da Coruña (@sexpointCASCO).


sex-point casco Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO ofrecido polo

Comité AntiSida da Coruña (CASCO).

Día Mes Horario Grupo
xoves 9 Xaneiro 10:40-12:20 ESO 4ºC
xoves 9 Xaneiro 12:35-14:15 ESO 4ºB 
venres 10 Xaneiro 10:40-12:20 ESO 4ºA 
venres 10 Xaneiro 12:35-14:15 ESO 4ºD

 

Nesta primeira sesión tratarase o tema da:

DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL

 

Visita ao MUNCYT dos 3º da ESO

O alumnado de 3º da ESO comeza este ano novo 2020 repasando conceptos de Tecnoloxía e visitando o MUNCYT de A Coruña. O plan, organizado polos profesores de Tecnoloxía Juan Neira e Ángela Vázquez, é o de facer un pequeno percorrido polo museo e realizar experiencias de electricidade e electrónica. Sairán do instituto ás 9:30 e teñen a súa chegada prevista sobre ás 13:25.

MUNCYT 

 

Día Grupos
mércores 8 xaneiro 3º A e B
venres 10 xaneiro              3º C e D

 

 

Premede aquí e accederedes á galería fotográfica da mesma actividade o curso pasado.

Plan director. Charla sobre Acoso Escolar para alumnado de 2º ESO curso 19-20

plan director

 

 

Á volta das vacacións de Nadal, o vindeiro mércores 8 de xaneiro de 2020

Charla dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión destinada a alumnado de 2º da ESO para charlar acerca do Acoso Escolar.

8 Xaneiro
2º D
de 9:35 a 10:25
2º C
de 10:40 a 11:30
2º B
de 11:30 a 12:20
2º A
de 12:35 a 13:25

Acto 30º aniversario da Convención dos Dereitos do Neno

Compartimos a presentación que empregamos o pasado 17 de decembro nun acto celebrado para toda a ESO no Pabellón do noso IES. O departamento de Orientación, da man do profesor de Pedagoxía Terapéutica, Ramón Ferreño, encargouse de atopar alumnado de diferentes procedencias para, entre todos ler os artigos da Convención dos Dereitos do Neno en todas as linguas e acentos do alumnado do centro. 

Presentación 


Vídeo
Álbum na Galería fotográfica do centro
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

 

 
Álbum: Actividades 2019-2020 -> Acto 30º aniversario Convención dos Dereitos do Neno

Galería de imaxes actividades #Nadal2019

Rematamos o trimestre con fútbol, brilé, taekwondo, teatro, música... Actividades de Nadal.

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Nadal 2019

Horario de apertura durante as vacacións de Nadal

Durante as vacacións de Nadal abriremos os xoves e venres en horario de 10:00 a 13:00

Nadal 19-20bo nadal

Propostas lectoras para o nadal do equipo Biblioteca

O equipo da Biblioteca encheu o vestíbulo do edificio principal cunha chea de propostas lectoras. 

Porque....

nun libro caben todos os agasallos.

No Nadal, regala libros.

No Nadal regala
libros IES Francisco Aguiar

CALENDARIO SOLIDARIO 2020

 

 

 

 

CALENDARIO AGUIAR 2020.

Xa está á venda o Calendario 2020 ao prezo de 5 euros.
O primeiro punto de venda é a secretaría do IES Francisco Aguiar.
Próximamente poderá ser mercado nos comercios de ACEBE.
Esperamos poder esgotar pronto esta primeira edición, porque, todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel a CRIS: Cancer Research Innovation Spain.

 

Reunión informativa pais/nais/titores/as viaxe Barcelona alumnado Economía 2º BAC

19/12/2019 16:00
Etc/GMT+1

Convócase aos pais/nais/titores do alumnado interesado na viaxe a Barcelona para alumnado de Economía de 2º BAC a unha reunión o vindeiro xoves 19 de decembro ás 16:00 no Salon de Actos do IES Francisco Aguiar.

barcelona

Distribuir contido