¡ DEVOLVEMOS ROUPA USADA !

 

A imaxe que encabeza esta entrada é parte da promoción dunha coñecida marca de roupa que  a partir de febrero del 2013,  está recibindo  roupa usada, co argumento de que para a cadea a sustentabilidade é unha parte importante do que ofrecen e forma parte dos seus esforzos por reducir o impacto ambiental da roupa durante o seu ciclo de vida.  



DIREDES.... ¡que pinta isto na páxina oficial  dun Instituto de Ensino Secundario! 

¡Doado!  Nós tamén poderíamos forrar a fachada do Instituto coa roupa que a rapazada esquece no centro e, nomeadamente no polideportivo: plumíferos, cazadoras, camisetas, chandals, gafas, pantalóns de deporte....

A marca responsable da imaxe que encabeza esta entrada recibe roupa usada a cambio de cupóns para comprar nas súas tendas. Nós conformaríamos con que cada propietario/a  recollese a súas prendas.

ATOPAREDES O CENTRO ABERTO TODO ESTE MES DE XULLO DE 9 A 13hs.

Pensamos deixar un tempo prudencial e todo aquelo que non se retire será destinado a algunha ONG que o poida precisar