Concurso de cómic

ATENCIÓN, CONCURSO!  

Delia Vázquez, exalumna do instituto, coa colaboración do departamento de Plástica, organiza un concurso de cómic.

Elabora un cómic de 2 páxinas, entrégao na conserxería (data tope 19 de xaneiro) e gaña un premio incrible.

Na imaxe e nos carteis colocados polas aulas atoparás toda a información necesaria para presentarte.

Anímate a participar!