Dúas entregas máis de "SON AGUIAR", a radio do IES Francisco Aguiar

Comezamos coa radio! Efectivamente, a radio da Biblio xa está funcionando!! Xa son varios os podcast que temos gravado, e... seguimos!! Aquí tedes un podcast improvisado que fixemos  con alumnado de 2ºde Bacharelato, falando, precisamente, diso, da intensidade do curso de 2º de Bacharelato. Fixemos un percorrido polo curso, analizando os aspectos positivos e negativos e consellos para as "xeneracións futuras".  E tamén xa temos dispoñible o que gravamos hoxe no segundo recreo de ESO sobre Mexicanismos.

Non volo perdades!!

Moitísimas grazas ao alumnado pola súa participación. 

E lembrade!! Seguiremos gravando podcast  nos recreos: 
1-3º ESO: 2º recreo dos luns.
4ºESO -BAC: recreo dos venres.
 
Achégate e vive a experiencia da radio! Non te arrepentirás!
 
Alba Alonso. Dinamizadora da Biblio.