25 de novembro. Día Internacional de Loita contra a Violencia machista

 

Queremos pensar, e traballamos para iso, que un día non moi distante poidamos prescindir de determinados xestos, que deixe de ser necesario un "día de loita contra a violencia machista".

Mais até que chegue ese día, unha maneira de expresar o noso rexeitamento da violencia contra as mulleres é vestir de negro-loito. É un xeito de reivindicar a igualdade entre persoas e o dereito á vida de todas estas mulleres que a perden ou que están en risco de perdela todos os días.

Mentres non chega ese día, mentres as mulleres non poidan vivir en igualdade e sen medo, seguiremos mobilizadas e mobilizados.

 

Un ano máis, convidamos ao alumnado e profesorado a vir vestidos ao instituto o día 25 de novembro cunha camisa ou xersei de cor negra, como un xeito de expresar o rexeitamento da comundade educativa á violencia que maltratra e mata a mulleres só polo feito de selo.