CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: premio ao esforzo e superación persoal.

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS que...  unha antiga alumna nosa, matriculada actualmente no IES As Mariñas, ven de recibir o premio ao esforzo e á superación persoal, correspondente ao curso 2019-2020, concedido pola Consellaría de Cultura, Educación e Universidade.

Moitísimos parabéns, V., de parte de toda a comunidade educativa do IES Francisco Aguiar! O esforzo sempre ten premio!