sonAguiar no aire, 1º podcast LETRAS GALEGAS 2020

Comezamos este curso co programa radio  na  biblio, do que publicamos aquí o noso primeiro episodio con motivo do Día das Letras Galegas 2020. 

Gracias a todo o alumnado e profesorado participante, polo voso esforzo e colaboración á hora de dar visibilidade e promoción ao día das nosas letras. Grazas polo sentir e polo amor pola lingua que transmitides en todos e cada un dos máis de 111 audios. Agardamos que toda a comunidade educativa nos axude a darlles difusión e vida escoitándoos e compartíndoos cos seus achegados.

Tamén presentámos o  logotipo da nosa radio, deseñado por un Pablo 4ºESO TIC, e o nome da mesma, froito da creatividade de Yago de 4º ESO TIC 

Esperamos as vosas subscricións á nosa canle de  iVoox. Saúdos