Termoclina #Meteoescolas #toleouotempo #clubdeciencia

Reproducimos o fenómeno da termoclina nun acuario. Cando unha masa de auga ou de aire entra en contacto con outra que ten unha temperatura moi diferente, a zona que as separa chámase termoclina. Experiencia para o plan proxecta #Meteoescolas Toleou o Tempo? e mais para o Club de Ciencia do IES Francisco Aguiar de Betanzos

Non paramos nin confinados, porque a cabeza non para, e hai profesoras, coma a sempre xenial Olga Blanco que non pode deixar de pensar actividades divertidas para, cando volvades, sorprendervos coa aprendizaxe das ciencias.