4 alumnas do 'Aguiar' acadan unha beca da Fundación Amancio Ortega para estudar no estranxeiro o vindeiro curso

noraboa

Chegou aos nosos oídos unha nova que nos enche de orgullo: catro das nosas estudantes de 4º da ESO acaban de conseguir unha beca da fundación Amancio Ortega para afrontar o 1º de BAC nos Estados Unidos ou en Canada.

Ás nosas chicas: Marieta, Inés, Eva e Patricia , enviamos a nosa máis sincera noraboa e os mellores desexos, para que este curso e o vindeiro sexan proveitosos e cheos de novas experiencias.

Preme na imaxe para acceder á ligazón ca noticia en 'La Voz de Galicia'.