Chegou aos nosos oídos ... XI Encontro de teatro afeccionado de Betanzos

A Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos comprácense en presentar a 11ª edición do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2020. 11 encontro teatro afeccionado

Coa intención de traer a Betanzos o mellor teatro afeccionado para desfrutalo de maneira non competitiva, a organización escolleu as cinco obras, unha máis que en anteriores edicións,  que compoñen esta nova edición.

As representacións serán de acceso gratuíto igual que en edicións anteriores e terán lugar, como xa é tradición, durante os sábados de febreiro ás 20:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns.

 

 

 



Os espectáculos son os seguintes:

Día 1: Un, dous, tres. Teatro Carauta (Santiago de Compostela).


Comedia de 60 minutos de duración para todos os públicos.

Berlín 1961. A Coca-Cola contra o telón de aceiro.



Día 8: Fatum. O Catre Teatro (As Pontes).

Teatro de xesto e movemento de 65 minutos de duración para maiores de 12 anos. Se o destino rexe as nosas vidas, quen vela polas persoas?



Día 15: Dúas portas e un segredo. Disfunción Continua Teatro (A Estrada)

Comedia de 60 minutos de duración para todos os públicos.

As dúas vellas e adorables tías de Cristina son en realidade...



Día 22: A última cea. Asociación Teatral Fauna 113 (Vigo).11 encontro teatro afeccionado

Comedia de 60 minutos de duración para maiores de 12 anos.

Cinco estudantes liberais e un pensador alleo sentan a cear. 



Día 29: A farsa de Maitre Pathelin. Tiruleque (O Carballiño).

Farsa de 90 minutos de duración para todos os públicos.

Un avogado trampuceiro vítima da súa propia estrataxema.

 

 

 



Para unha información detallada de cada unha das representacións pódese consultar:

www.agrupacionteatralmarinan.blogspot.com

www.betanzos.gal