Exposición e Gañadores das mellores 'Guías da viaxe a Londres 2019'
Temos no corredor de entrada do 'Aguiar' unha pequena mesa chea de grandes tesouros. Teñen estos formas de cuadernos nos que o alumnado que participou na viaxe a Londres 2019 relata a experiencia vivida. E, por contido, coidado e estética, son realmente sorprendentes.
Parabéns a todo o alumnado que plasmou nestas coidadas guías a súa experiencia de viaxe. Parabéns tamén aos profesores do departamento de Inglés pola proposta desta actividade formativa que cristaliza en pequenos diarios de viaxe, cheos de fotografías e recordos que servirán, sen dúbida, para gardar mellor si cabe as experiencias vividas nesta pasada viaxe.
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.