Éxito do Ría de Betanzos no campeonato de España de piragüismo

Chegaron aos nosos oídos... os triunfos acadados polo club de piragüismo Ría de Betanzos no campeonato de España 2019. Os nosos ex Carlos Arévalo e Iván Fernández procláronse campións de España conxuntamente dentro do equipo de K4, e individualmente en K1 200m o primeiro e K1 500m sub 20 o segundo.

A nosa alumna Irene Lata Cagiao foi campeona en categoría junior de K1 500, proba na que representará a España no campeonato de europa, sumou tamén varias platas e bronces tanto en categoría individual coma en parella.

A todos, parabéns e sorte nas próximas competicións.

Enlace á noticia en La Opinión

Irene Lata