Participación na carreira solidaria 'Km de solidariedade 2019' promovida por alumnado do IES As Mariñas

O derradeiro día antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º de BAC do IES As Mariñas promoveu unha carreira para recaudar fondos para a ONG 'Save the children'. O noso alumnado de 1º de BAC quíxose sumar á esta solidaria iniciativa da man do seu profesor de educación física, Leonardo Piñeiro.