Iniciación ao Jugger para os 3º ESO e 1º de BAC

Ao longo destas semanas, durante as clases de educación física, o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato está a disfrutar dunhas sesións de iniciación ao Jugger en colaboración coa Asociación Xuvenil Jugger Betanzos.

O Jugger é unha actividade deportiva de equipo baseada na habilidade e a estratexia dos xogadores. A finalidade de cada equipo é facerse ca pelota no centro do campo e levala ata a base contraria para marcar un tanto. O equipo que máis anote será o gañador.

A vista das imaxes, todos/as parecen gañadores/as.

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Jugger 3ºESO