Visita al MUPEGA do alumnado de HMC 1BAC e os maiores do espazo +60 de Afundación

O xoves 21 de febreiro o alumnado que cursa Historia do Mundo contemporáneo en 1º BAC, acompañado polos profesores Francisco J. Calaza e Julián Ferrer visitou o MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia)

Na visita contaron cuns acompañantes de luxo. 5 maiores do Centro " +60" de Betanzos acompañados pola súa coordenadora, Ana Doval percorreron o museo. Neste caso non como simples alumnos senón como auténticos expertos porque o que alí vían era, en moitos casos, o que eles viviran na súa etapa escolar.

Esta actividade encádrase no proxecto interxeneracional  conxunto de Afundación e o noso instituto que leva por título "FALAMOS DA ESCOLA". Proxecto iste que comezou o ano pasado e do que o IES Francisco Aguiar foi pioneiro e impulsor. Compre neste senso sinalar que simultáneamente á visita reseñada, a nosa compañeira Delfina Ruibal participaba na presentación pública do proxecto que tivo lugar no Instituto Monte das Moas de A Coruña. (enlace á notica de prensa El Ideal) (Enlace a prensa La Voz)

CRTVGa

http://www.crtvg.es/informativos/maiores-e-alumnos-comparten-as-suas-experiencias-na-escola-4044298

 

Preme na imaxe para ver as fotografías.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Visita al MUPEGA 1BAC HMC