Non o podemos negar. Gústanos a fotografía.
A que se mostra é unha instantánea no descanso do primeiro andar do edificio principal. Conflúen esta semana tres exposicións de fotografías diferentes:
- a exposición permantente dunha selección de fotografías realizadas por alumnado do centro en educación plástica e visual.
- as fotografías comentadas polo alumnado de 3º ESO deste curso dentro do proxecto 'Fotografía en curso' que ven sendo empregado coma un inigualable recurso didáctico en educación visual.
- a exposición temporal cedida por Afundación dentro do proxecto interxeracional cos maiores do espazo +60 que ilustra parte do proxecto 'Fálame da emigración' que o departamento de Xeografía e Historia está a desenvolver con 2º de ESO.
Animamos dende aquí a todo o alumnado a desfrutar con calma, de toda a potencia da linguaxe visual que se agocha detrás de todas e cada unha destas imaxes.
»