Continuación da reforma artística das portas do Aguiar

Todos os que estudaron no edificio principal do 'Aguiar' lembran a rechamante cor das portas laranxas do instituto. De feito, adoitan a preguntar acerca de se continúan mantendo esa cor.

“Estamos no ano 2019. Todo o 'Aguiar' segue ocupado polas portas laranxas… ¿Todo? ¡Non! Un Departamento de Educación Plástica e Visual poboado por irreductibles creadores plantea resistencia ....”

Sentímonos orgullosos de ensinarvos a continuación da iniciativa "pintaportas" promovida por Xosé Manuel Rey Bao. Nesta derradeira xornada antes de Nadal realizouse a intervención sobre as portas dos servicios do alumnado do 1º andar do edificio principal. A carón dos Laboratorios de Bioloxía e Xeoloxía levan as imaxes de Jane Goodall e Charles Darwin.

pintaportas bioxeo

Lembramos aquí os antecedentes que puxeron a Marie Curie e a Einstein noutras portas do 'Aguiar'.

Parabéns a todos os artistas participantes neste proxecto e grazas polo voso traballo na mellora do noso día a día no centro. 

Agardamos continuar informando de vindeiras iniciativas.