Visita do alumnado de 1ºBAC A ao laboratorio da Domus

16/01/2019 07:45
Etc/GMT+1
laboratorio aberto domus

O alumnado de Anatomía aplicada de 1º de Bacharelato asistirá toda a mañá ao " Laboratorio aberto da Domus".    
«Laboratorio aberto» é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti. Está pensado para alumnos de Primaria, Secundaria, Bachillerato e Ciclos Formativos.

Os nosos alumnos realizarán un taller no que experimentarán se a vacuna da sida na que traballan os científicos do laboratorio IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes.