23 de novembro xornada contra as violencias #ennegrocontraasviolencias

contra as violencias

 

 

 

 

O vindeiro venres 23 celebraremos unha xornada contra as violencias. Todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do centro procurará vir vestido de cor negra coma mostra da nosa repulsa fronte a todo tipo de violencias en xeral, e da violencia de xénero en particular.

Os diferentes cursos tamén baixarán ao salón de actos para participar na vieoproxección e debate posterior de diferentes curtametraxes.

Por último, tamén disfrutaremos da exposición de todos os haikus ilustrados que o alumnado nos fixo chegar e mesmo poderemos dar a coñecer os gañadores do concurso, aínda que dada a calidade de moitos deles, vai a estar difícil chegar a unha decisión.