HORA DE LER 7ª SEMANA [1ª SESIÓN]

 
HORA DE LER

7ª SEMANA [1ª SESIÓN]


   As mulleres que len son perigosas... Ese é o título dun libro do que dispoñemos na nosa biblioteca: STEFAN BOLLMANN, Las mujeres que leen son peligrosas, Maeva, Madrid, 2006. Na súa portada leva este fermoso cadro de Vittorio Matteo Corcos co que poñemos unha nota de cor neste #Novembro en negro, #Betanzos en negro, #Aguiar en negro...
   As nosas alumnas e os nosos alumnos desexarían pensar un mundo no que as historias sobre as que escriben estas microrrelatistas colombianas e Paula Carballeira  fosen arqueoloxía do pasado, dun terrible pasado...