As exposicións fotográficas do Aguiar no xornal Betanzos e a súa comarca

Foto Betanzos

Hoxe, ca saída do novo número do xornal "Betanzos e a súa comarca", levamos a grata sorpresa do eco feito das pasadas exposicións fotográficas do alumnado de 3º da ESO e Jose Manuel Rey Bao.

Gracias ao equipo do xornal, que publica ACEBE CCA, polo seu traballo e por lembrar as nosas pequenas contribucións á vida cultural brigantina.

Cambiando un chisco a frase dun tal Humphrey Bogart nunha película: "Este pode ser o comezo dunha fermosa colaboración"