Chegou aos nosos oídos: Ángel Arcay Barral gañador do I Premio de Investigación Masonería Aberta.

Ángel Arcay Barral

Chegou aos nosos oídos que o ex-Aguiar e Historiador, Ángel Arcay Barral vén de gañar o I Premio de Investigación Masonería Aberta que convocan conxuntamente a Facultade de Historia da Universidade de Vigo e o Instituto de estudos Masónicos de Galicia (IEMG).

Citando as súas propias palabras

"O ano pasado presentei no V Congresso Internacional Casa Nobre o traballo "O Parque do Pasatempo de Betanzos: narrativas para comprender un patrimonio profano" que o xurado do Premio Masonería Aberta -organizado pola Facultade de Historia de Ourense da Universidad de Vigo e o Instituto de Estudios Masónicos de Galicia- ven de escoller como gañador desta edición. O estudo, no que intento explicar a simboloxía masónica que hai no Parque del Pasatiempo, non é máis que outra acción para dinamizar, protexer, difundir e recuperar este lugar tan máxico que temos en Betanzos. Por iso non considero que o mérito sexa meu, senón dun grupo moi grande de xente que leva tempo facendo unha labor constante en diversas facetas pero sempre co mesmo obxectivo. Así que sería faltar á verdade se non dixera que esta publicación saíu adiante en gran medida polo esforzo de ((sobre todo!!)) Manuel Rey, Josiño Souto Santé e Daniel Lucas, porque poñen moita paixón no que fan...e con iso xa está todo gañado!"

casa espellos

Enlace á noticia na páxina de

Casa dos Espellos

Revista poliédrica da cultura galega

pasatiempo

Dende aquí, os nosos parabéns para Ángel e tamén un sinceiro agradecemento a toda a labor que dende Casa dos Espellos se está a realizar para relanzar a vida do Parque Enciclopédico do Pasatempo. Grazas.