¡Hasta siempre Instituto!. A graduación 2018 na Voz de Galicia

PABLO PORTABALES 

26/05/2018 05:00 H

 

Y este jueves tuvo lugar el acto de graduación en el Francisco Aguiar de Betanzos.

Hubo actuaciones musicales, intervenciones de alumnos y profesores, «e entrega das insignias do instituto», comenta el director, Francisco Rodríguez.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/05/25/siempre-instituto/00031527265377866846272.htm

 

Así recolle Pablo Portabales a nosa graduación do xoves 24 en palabras necesariamente sintéticas para dar cabida a outros institutos.

 

Pero os que tivemos a fortuna de disfrutala "in situ"  sabemos poñer moitos detalles entrañables. 

 

 

Certo que houbo actuacións  musicais grazas a Blanca Bello, ao alumnado de BAC, a Amë e a Óscar. Actuacións que emocionaron,   "Mama mia" con botas plateadas incluidas (directamente ABBA) por parte de Blanca;   

 

 

decindo a todos que non nos mete medo o que veña por diante, que "non hai montaña suficiente grande " ("Ain't no mountain high enough") para os que alí estabamos;

 

 

ou a chamada a soltar amarras  sen chorar polo que deixamos atrás que Amë cantou (acompañada á guitarra por öscar e ao piano por Blanca) con "The Sign of the Times".

 

Claro que houbo discursos!

 

A voz grave e sempre impresionante de Francisco desvelou un dos grandes secretos: a xeración do 2018 pasaba a ser modelo para a xeración do 2019. 

 

Quen non ríu e emocionou coas palabras delicadas de Selene, coa alegría contaxiosa de Amë ou a enerxía de Tania!

 

 

Como non escoitar aos autoalcumados "xeración desastre" relatar as peripecias do paso polo Insti, o recordo para os que vivían tan lonxe ( ou en repúblicas independentes) que parecía mentira que viñesen ata Betanzos a recibir clases. Lidía de blanco elegante e impoluto; Andrea estilizada e altísima;  dinámica e alegre, como sempre, Lucía.

 

E sorprendernos co discurso de ciencias que María e Elías declamaron case sen mirar para o papel. As indubidables dotes para a escea de Elías, a voz serea e firme de María (impresionante). Un discurso impecablemente construido que nos levou da poesía  á risa  transportados sen resistencia posible  por un vendaval de emocións. 

 

E que dicir do discurso dos profes, de Cheché e Blanca. Ninguén podía esperar nada parecido. Cheché e Blanca falando distendidos, rindo e facendo rir sen "cortarse" por  poñer un nariz de pallaso, unha pamela de palla ou unha gorra de capitán de barco. Blanca e Cheché cantando os maitines que profetizaban a noite que viña por diante aos graduados,  ou animando con música de Orquesta Mondragón:"Viaje con nosotros "Francisco Aguiar". Viaje con nosotros a mil e un lugar.."

 

E logo de todo isto "entrega de insignias". Certo que se entregou este deseño que nos identifica e nos situa nesa cidade outa abrazada polos ríos Mandeo e Mendo que se funden na ría de Betanzos. Pero esa entrega era case o de menos,  porque o xeito en que o Aguiar quedaba  era xa en forma de vivencias fondas no alumnado e profesorado, en familias e amigos. 

 

 

Que logo fixesemos unha fotografía que nos reunía a todos, ou que rematásemos co  refrixerio ofrecido por Melania, era só un aparente final. De feito, moitos viñeron á mañá seguinte directos da festa coruñesa (algúns ataviados con calcetíns de cor  rosa... vai saber saidos de onde, outras termando por facer o horario escolar completo ata o final da mañá).  E agardamos que sigan viñendo cada vez que necesiten algo de nós ou simplesmente para facermonos saber que é das súas vidas. 

 

BOA VIAXE ! (agárdavos a vosa Itaca)

 Xeración do ano 2000

Promoción 2018 do "Aguiar"