Chegou aos nosos oídos...taekwondo de novo

Chegou aos nosos oídos... un novo éxito de alumnos e ex alumnos e así nolo conta o clube de taekwondo Kwon:

PROFESSIONAL TAEKWONDO OPEN DE ZAMORA
Un ano máis desprazámonos ao open internacional de Zamora cunha nutrida expedición, compartindo viaxe cos nosos amigos de Garrapucho da Coruña e alumnos da Universidade da Coruña, como Saúl Rilo.
Este Open ten cousas moi boas, pero que reduzan todas as categorías a 2 asaltos, casco electrónico "onde lle cadre"... cambian radicalmente a competición. Así, faltounos unha chisca de intensidade dende o inicio, e maior concentración para non cometer os mesmos erros unha e outra vez, polo que perdimos ata 5 combates que tiñamos gañados. Ata aquí a parte negativa... positivas hai moitas, pero resumindo, a actitude e traballo de tod@s, novos e veteráns, é sempre impecable. O que temos é que non conformarnos para seguir medrando!!

Finalmente 2 medallas de prata (Aron Vázquez e Paula Lameiro) e 3 medallas de bronce (Franz Carro, Andrea Cortés e Laura Penas) e moitos "casi" cos que temos que traballar.

NORABOA A TOD@S E A SEGUIR QUE ESTAMOS NA RECTA FINAL!!!