4º DÍA DA SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

A ciencia vai tomandolle o gusto aos nosos corridores e patios. 

Segue a ser xoguetona en xincanas ou busca_ciencias na Biblioteca.

Apetécelle sorprendernos co papel de moitas mulleres esquecidas no mundo da ciencia e da tecnoloxía.

Engaiólanos imprimindo en 3D ou coa Rasperry Pi

Convídanos a ser críticos coa realidade medindo o Radón.

Ciencia para sermos no mundo en que vivimos!