Bicos con Lingua. O alumnado de 1º BAC ao Teatro Colón. 26.IV.2018

O xoves 26 un nutrido grupo de case 100 alumnos e alumnas de 1º BAC desprazaranse ata o Teatro Colón de A Coruña. O obxecto é  asistir á reprentación teatral da obra "Bicos con Lingua", que pon en escea Talía Teatro. Comparecerán na cidade herculina acompañados polos seus profesores Carmen Suárez, Uxía Cagiao, Xosé Manuel Montero e Xan Munín .

Bicos con Lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua. Non se trata en ningún momento dun exercizo de vitimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senon de afondar  nun problema real e, certamente preocupante. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espetador unha experiencia de redescubremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesar dos usos e abusos aos que está sometida a cotío.

http://www.teatrocolon.es/es/evento/bicos-con-lingua-talia-teatro/