Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía(MUNCyT).

O xoves 5 de abril un nutrido grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO visitarán as instalaciñons do atractivo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña.

Estarán acompañados nesta viaxe científica que organiza o Departamento de Tecnoloxía polos profesores: Manuel López, Carmen Núñez, Rosina Baños e Yolanda Vidal.

A "expedición" sairá do instituto ao remate da primeira sesión de clase para regresar arredor das 14.00 hs.