Venres de relato curto. 9.III.2018

Un ano máis , unha boa representación do noso alumnado concorre ao premio de relato curto que convoca CocaCola. Este ano baixo o lema: Se podes imaxinalo poodes contalo.

Este venres 9 de marzo, a primeiriña hora da tarde a nutrida expedición agardaba ás portas do instituto cheos de ilusión e nervios. Estiveron acompañados pola profesora de Lingua Galega, Carmen Suárez Moledo.

O traballo está feito. Queda agardar resultados...pero en todo caso a experiencia resultou interesante para os participantes.