ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2018/2019

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS EN

ESO E BACHARELATO

(2018-2019)

 

PRAZO: Do 01 ao 20 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN:

Solicitude de admisión cuberta en todos os apartados ( Os datos para a valoración da renda per cápita obteranse da declaración do ano 2016 – Suma das casiñas 392 e 405 dividida entre os números de membros da unidade familiar ao 28 de febreiro de 2018). Pode tramitarse a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

 

Solicitude para ESO:  Fotocopia DNI alumno/a e certificado de matrícula .

Solicitude para BAC:  Fotocopia DNI alumno/a, certificado de matrícula e certificación académica de 3º de ESO con nota media.

-relación provisional de admitidos publicarase  o  24 de abril.

-A  relación definitiva de admitidos publicarase o 14 de maio.

 

Poden consultar toda a información sobre admisión e matrícula na seguinte páxinaweb:http://edu.xunta.es/centros/iesfranciscoaguiar.

 

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO:

1.-Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2.-O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3.-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.