Suprime o Control. Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero
Durante os martes, días 30 de xaneiro, 6 e 20 de febreiro, os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO terán ocasión de participar no Programa de Prevención da Violencia de Xénero que promove a Deputación Provincial, baixo o título Suprime o Control (enlace)
Ao longo destas tres sesións cada un dos grupos de 3º e 4º reflexionarán e traballarán sobre a construcción de identidades igualitarias; o fortalecemento da intelixencia emocional e resolución de conflitos; e identificación e prevención da violencia de xénero; e a desmitificación do amor romántico.
Para achegarse a estes temas fomentarase unha aprendizaxe cooperativa e participativa que empregará as TIC's como ferramenta indispensable.
Como remate proporase a realización de microrrelatos que servirán para a realización dunha curtametraxe como a que agora presentamos froito do traballo dos alumnos e alumnas do CPI Fonte_Díaz de Touro, no ano pasado.
A curta está gravada no propio centro, dirixida por Sergio Louzao Alonso e protagonizada por Rocío Sanín Fontenla e Xián Barreiro, coa colaboración do resto do alumnado de 3º da ESO e do profesorado.
Metamorfose (VOS) from DELOGA on Vimeo.
Os vapores do ferro de pasar, o xabrón de fregar os pratos, o mango da vasoira. Deixa de estudar; non fai falla que traballes…
Xestos de cariño detrás de miradas celosas e golpes detrás de sorrisos falsos.
Ela xa estaba farta de todo iso; quería ser libre; suprimir o control total; ser forte e voar de novo.
E sabedes que?
Fíxoo.
Entón recoñeceuse de novo diante do espello.”
Sergio Louzao Alonso