Chegou aos nosos oídos...a escola de folklore que (tamén) recreaba cadros

Chegou aos nosos oídos... a fermosa inciativa da Escola Municipal de Folklore de Betanzos de recrear con figuras reais ( os mesmos compoñentes da dita Escola) un famoso cadro do pintor ferrolán Fernando Álvarez de Sotomayor que leva por título "Comida de boda en Bergantiños"

Se por algo chama a nosa atención esta iniciativa é pola calidade da reproducción e pola presenza na imaxe de varios alumnos/as e ex alumnos/as: Irene, Roque, Alejandro, Ángela.  E, por fontes ben informadas, chegounos a información da participación estelar na iniciativa da recén graduada en Historia,  Sara Fraga.

Encantados dende o Aguiar coa iniciativa. Parabéns a participantes de todo tipo! Que se repita!