Un ano máis, danza no Aguiar da man de Estefi e Alba

 

Un ano máis o noso Instituto, ao achegarse as vacacións de Nadal, ten a sorte de introducir ao alumnado de 4º da ESO no mundo da danza.

Un ano máis,  facemos esta viaxe da man de Alba Fernández e Estefanía Gómez que entusiasman e contaxian cada ano aos nosos alumnos coa danza que elas viven con pasión (seica por iso son contaxiosas)

Ao longo da mañá cada grupo de 4º terá unha sesión con Estefi e Alba (4ºB 1ª hora, 4ºA 2ª hora; 4ºC 3ª hora; 4ºD 4ª hora)

E como remate de festa, na última hora da mañá, os grupos xuntos prepararán a súa actuación de remate. 

 

Non nos resistimos a incluir nesta entrada a testemuña do seu labor cos grupos de 4º de hai tres anos.