Chegou ás nosas retinas(desta volta non foron oídos).... o reflexo do Aguiar na Casa dos Espellos do Pasatempo

Chegou ás nosas retinas... o reflexo do Aguiar na Casa dos Espellos.

A Casa dos Espellos( enlace) é unha revista dixital xurdida dun grupo de entusiastas traballadores pola revitalización e valoración do Parque Enciclopédico de O Pasatempo. Atopamos no elenco de colaboradores e colaboradoras a un bo número de antigos alumnos do noso Instituto. Comezando polo que semella ter bastante que ver coa iniciativa, Ángel Arcay, o resto do elenco o cubren con nota,  Sara Fraga, Lucía Díaz, Eduardo Marqués, Daniel Lucas Teijeiro...

Pero deixemos que sexan eles os que presenten o proxecto:

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega, nace ca mesma vontade ca que Don Juan García Naveira construíu dita Casa no Parque do Pasatempo.

Se o Parque pretendía ser un alegato ao coñecemento e á educación (nunha das moitas narrativas que nos pode aportar o lugar) a Casa dos Espellos era un dos divertimentos deste xardín no que o visitante atopaba unha realidad deformada dende diferentes puntos de vista, con espellos cóncavos e convexos que devolvían unha imaxe real e ao mesmo tempo diferente do que tiñamos diante.

É por iso que cremos necesario a publicación desta Revista de carácter científico, onde teñan cabida moitos deses traballos que nos aporten novas visións sobre todo o mundo que xira baixo os nosos pés. Novos puntos de vista e novas formas de narrar todo o que está a acontecer.

(enlace)ilustración de Josiño Souto Santé

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega é unha revista semestral que nace co obxectivo de dar voz aos novos protagonistas dos diferentes campos da nosa cultura.

Malia que parte da vontade de recuperar todo o relacionado co pasado do Parque del Pasatiempo e da cidade de Betanzos, está aberta ao coñecemento doutras realidades do ámbito galego nas súas diferentes vertentes: arte, arquitectura, historia, xeografía, socioloxía, antropoloxía, xornalismo, urbanismo, turismo, literatura e un longo etcétera.

 

Prestará especial atención tamén a todo o relacionado co pasado da nosa emigración en todas as súas expresións culturais.

 

 

Parabéns para esta iniciativa que axuda a adquirir conciencia do noso patrimonio

e felices de que o Aguiar forme parte

( aínda que sexa na prehistoria) deste proxecto