O ano de Xosé María Álvarez Blázquez

A Real Academia Galega acordou dedicar o ano 2008 á figura de Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985). Como investigador da literatura galega recuperou textos importantes do período denominado Séculos Escuros. Foi importantísimo o seu traballo de editor. Do prelo de Monterrey, editorial fundada por el en 1950, saíron títulos como a Égloga de Belmiro e Benigno, atribuída a Nicomedes Pastor Díaz, ou o Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, de Gabriel Feijoo de Araujo, primeiro texto dramático que coñecemos, da segunda metade do século XVII.portadaChamado "o señor dos libros" polo seu labor editorial, é ademais un importante poeta. Autor do Cancioneiro de Monfero e de poemas cheos de sensibilidade nos libros Canle Segredo e Roseira do teu mencer.  

 

editorial

portada

As alumnas de literatura do século XX comentaron varios poemas do autor, destacando a "Elexía a unha muller" (Pepa de Cascallar) e o poema "Colorín" dedicado á súa filla.

Pepa de Cascallar, eu ben quixera

agora que xa estás – cinza na cinza –

a descansar para sempre, dar ao mundo

razón cabal de ti.

Lle falarías

daquelas duras mans, rexas gadoupas

para termar do legón e da manceira,

mans de escrava da terra,

non afeitas a máis regalo e minimo

que o dos ubres das vacas… Eu louvaría

aquiles pés ispidos, mouros, fortes,

coma poutas de boi, que agatuñaban

polos montes atal que dous teixugos.

Teus pés de ferro, ai Pepa!

E logo, si tivese a gracia que me falla,

eu faría un retrato verdadeiro

da tua face –que che estou lembrando

ao craro sol do meu ollar de neno!-

Que estrana face a túa, tan laida e tan amiga,

enrugada e escura coma codia de broa!

Aquila face dos olliños pitos,

dos beizos murchos, dos cabelos raros,

dos catro dentes e do narís torto.

Aquila face, a, Pepa!

que á nosa nai lle daba cuasi espanto

e a nós, os nenos, nos aloumiñaba…

Porque eras ti, Quero que agora o saibas,

agora que xa podes escoitarme,

a fala cariñeira do misterio

que enchía os nosos corazóns inxeles.

Cando, á noitiña, viñas ti co leite,

ouveada de cans polos camiños,

xa o sono que nos tiñan derrubados

fuxía, coma o fume do fumeiro.

E ti falabas…

 Ben escoito aínda

o parolar aquil, tan suspirado,

que a nosa nai segía blandamente

co asentimento da fermosa testa.

-Ai, señora, parécelle unha historia!

Non se pode crer…

 

 Pero sabías

que todo acreditábamos os nenos…

 

Pepa de Cascallar, eu ben quixera

pagarche, ao cabo d etan longo tempo,

o falar cantareiro que aínda sinto

cando, ás veces, a vida se me fende,

sin eu pensalo, por mitá do peito!

 

                                   

portada libro

O poema "Colorín" do libro Roseira do te mencer escrito para María Luísa foi comentado por Lucía.

 

Ao ver que non tiñas nome

maxinamos que serías

ventureiriña do monte.

 

Froleciña ventureira

que-ao millor-nasceu co orballo

nunha luzada de estrelas.

 

Como andabamos a rir

-ventureiriña do monte!-

chamámoste <<colorín>>