Musiqueando en Boqueixón. Devolución de visita

O pasado  27 de abril, celebramos no Aguiar i en moitos institutos de Galicia un día de música na rúa.

Grazas á iniciativa, que levaba o título de "Musiqueando" , do Departamento de Música poidemos escoitar música nos recreos xunto á cafetería. E do mesmo xeito, recibimos a visita do grupo musical escolar do IES de Boqueixón que tamén nos deleitou cun concerto no porche da biblioteca.

A actividade completouse cunha xornada de convivencia ao mediodía que levou aos convidados e aos anfitriones de 4º da ESO do Aguiar a compartir comida e visita a Betanzos baixo a atenta mirada das profesoras Blanca Bello e Teresa Bellón. 

 

O venres 19 de maio os participantes de 4º da ESO devolven a visita desprazandose ata Boqueixón onde lles agarda tamén actuación, convivencia, comida e interesantes visitas.

Que as aproveiten!