Chegou aos nosos oidos.... Óscar García acada o accesit no XXI Certame de poesía "Francisco Añón"

 


Chegou aos nosos oídos.... e non podía ser mellor regalo para celebrar o Día das Letras  2017 , que Óscar García, o noso compañeiro "multifunción" ("profe" de galego, solista no coro Fa menor, "profe de xadrez", "proxelecta" do equipo da Biblioteca...), acaba de obter un accesit no XXI Certame de poesía "Francisco Añón" que convoca cada ano o Concello de Outes.  Este galardón leva asociada a publicación da obra, que agardamos, con ilusión, poder ler .

Completa así o noso compañeiro un palmarés que tamén inclúe, entre outros,  galardóns como "Ciencia que Conta 2013" de relatos , ou, os tamén de poesía, "Leiras Pulpeiro" de Mondoñedo, ou "María Mariño" de Teo....

Parabéns!